NOVAS

Campaña de recollida de xoguetes para entregar no Centro de Recursos Solidarios

Publicado o 20 de Novembro de 2019

O Concello colaborará un ano máis co Centro de Recursos Solidarios de Narón na Campaña do Nadal de recollida e solicitude de xoguetes para as familias con escasos recursos

Xa podedes colaborar porque a iniciativa xa está aberta e vaino estar ata o vindeiro 20 de novembro (incluído). Se queredes colaborar achegando xoguetes podedes facelo:

 

  1. Nas instalacións da Biblioteca municipal do Alto de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 e de 16.00 a 21.00 horas e os sábados entre as 10.00 e as 13.00.
  2. Nas Escolas Infantís Municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara.
  3. Nos centros de ensino de Narón.
  4. Na Academia September (estrada de Castela, 833, baixo).
  5. En Calzados Mara (avenida Souto Vizoso, 3).
  6. No Centro Comercial Narón (estrada de Castela, 24).
  7. No parque infantil Burbujas (rúa Cataluña, 23-25)
  8. E no propio Centro de Recursos Solidarios de Narón (avenida do Mar, 115, no polígono da Gándara).

Os xoguetes, como cada ano, almacenaranse no Centro de Recursos Solidarios, clasificaranse coa axuda de xente voluntaria e envolveranse para que os nenos e nenas de familias con menos recursos económicos poidan contar con xoguetes no Nadal, previa solicitude.

 

Queres colaborar como voluntaria/o? Para facelo contacta co correo electrónico: crsnaron@gmail.com ou chama aos números de teléfono: 634 555 663; 881 308 349 ou 722 724 782. 

Lembrade! os xoguetes deben estar nas mellores condicións posibles, conservando todas as pezas e, de ser posible, na embalaxe orixinal, así como en óptimas condicións de hixiene, no caso de peluches ou bonecos.