A Casa da Mocidade acollerá hoxe o Freak Halloween con propostas dirixidas a todo tipo de públicos

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Cartel  DT (1).jpg

A Casa da Mocidade acollerá hoxe, a partir das 20.00 horas, a segunda edición do Freak Halloween, organizado pola Asociación Cultural Gaikai e no que colabora o Concello. A organización explicou que entre as 20.00 e as 21.30 horas terá lugar un concurso de cabazas, no que poderán participar todas aquelas persoas que acodan á cita coas cabazas que decoren para esta festividade. En función da orixinalidade e do traballo realizado concederase un premio á que reciba unha maior puntuación.

O evento conta cun segundo concurso, neste caso que se desenvolverá entre as 20.30 e as 21.00 horas e de disfraces, no que tamén se premiará a orixinalidade con doces de orixe asiático.

As persoas que desexen participar en calquera destes dous concursos deben anotarse, de balde, a partir das 20.00 horas na Casa da Mocidade, donde persoal de Gaikai se encargará de atender aos asistentes. Os premios entregaranse ás 22.00 horas e tamén os correspondentes á Xincana Terrorífica que se desenvolverá durante a tarde noite, con tres probas: Carreira de bruxas, Quen son terrorífico e Atrapa á pantasma.

Desde a organización animouse á veciñanza a asistir a este evento, “no que poder participar en concursos e probas dirixidas a persoas de diferentes idades”.

Consulta o cartel do evento no arquivo adxunto.
DocumentoTamaño
Cartel pdf.pdf99.41 KB
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar