A compañía Que contas? estreará esta fin de semana no Pazo a obra teatral “A voz tomada”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
cinema-4609877_315.jpg

O espectáculo, de aproximadamente hora e media de duración, céntrase na historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla.

A compañía teatral Que contas? estreará esta fin de semana no Pazo da Cultura a obra “A voz tomada”, escrita e dirixida por Alfonso Calleja, un vallisoletano afincado en Narón dende hai varios anos. A obra poderá verse este venres día 22 ás 20.30 horas e o sábado 23 ás 20.00 e as entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura:www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

A obra desta nova compañía teatral céntrase na historia doméstica dun individuo, os seus pais e a súa filla, abordando directamente a relación entre eles. O autor do texto, e algúns dos integrantes do elenco desta peza, formáronse na Escola de Teatro de Narón. O espectáculo, de aproximadamente hora e media de duración, comeza mercando a entrada, incluídos os actores, que tamén estarán no patio de butacas, na escuridade, ata que unha parte do escenario se ilumine.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar