Coñece o teu Concello, coñece Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
naron.

O Concello de Narón agasalla aos novos veciños e veciñas cunha guía de servizos e un libro de Narón.

O Concello de Narón promove unha campaña de acollida entre os novos habitantes que se inscriben no municipio procendentes doutros concellos. A iniciativa, que comezou este mes, consiste na entrega dunha guía de servizos de Narón –un tríptico– que recolle os teléfonos dos principais edificios e servizos públicos.

Así mesmo, no documento inclúese información sobre diferentes programas e servizos do concello, como instalacións culturais, deportivas, educativas, centros cívicos, etc.

Así mesmo, os novos residentes reciben un mapa das rúas de Narón e o libro “Narón, terra de futuro”, que inclúe ao longo das súas 139 páxinas datos sobre a xeografía e historia do municipio, comunicacións, recursos, turismo e información social e económica de Narón.

Na actualidade o municipio conta con 38.911 habitantes –recoñecidos no censo a 15 de xullo– e o INE ten proposto ó Concello recoñecer 38.283 a 1 de xaneiro de 2010, apuntaron desde o consistorio.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar