Consellos para evitar problemas causados por unha ola de calor

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Consellos para evitar problemas causados por unha onda de calor

Cando as temperaturas son anormalmente altas durante un par de días, a calor excesiva pode ser un perigo para a saúde. As temperaturas moi extremas e o exceso de calor produce unha perda de líquidos e de sales minerais necesarios para o organismo.

Que é a ola de calor?

 Cando as temperaturas son anormalmente altas durante un par de días, a calor excesiva pode ser un perigo para a saúde.

 As temperaturas moi extremas e o exceso de calor produce unha perda de líquidos e de sales minerais (cloro, potasio, sodio, etc.) necesarios para o organismo. Este feito pode agravar unha enfermidade crónica ou provocar deshidratación e esgotamento. Se a exposición a temperaturas tan elevadas prolóngase, pódese sufrir un golpe de calor, que é unha situación que pode acabar sendo grave.

Cales son os síntomas?

Hai algúns síntomas que nos poden alertar:

  • temperatura moi alta
  • dor de cabeza  
  • náuseas 
  • sede intensa 
  • convulsións 
  • somnolencia ou perda do coñecemento

Que se debe facer?

Ante estes síntomas, trasladar á persoa a un lugar máis fresco, darlle auga, mollala, abanicala e avisar urxentemente aos servizos sanitarios (061).

Que se debe facer en caso dunha onda de calor?

 Protexervos do sol e da calor e na casa, controlade a temperatura:

  • Durante as horas de sol, pechade as persianas das xanelas onde toca o sol.
  • Abride as xanelas de casa durante a noite para refrescala. 
  • Estade nas habitacións máis frescas. 
  • Utilizade algún tipo de climatización para refrescarvos e refrescar o ambiente (ventiladores, aire acondicionado, abanicos, etc.). Se non tedes aire acondicionado, tentade pasar como mínimo dúas horas ao día en lugares climatizados (bibliotecas, cinemas, etc.). 
  • Refrescádevos a miúdo con duchas, toallas empapadas de auga, etc.

 

Para obter máis información, facer clic aquí

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar