En Narón reciclamos o aceite vexetal

Versión para impresoraEnviar a un amigo
En Narón reciclamos o aceite vexetal

A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, recolleu un total de 1.460 litros de aceite vexetal, procedente de resíduos domésticos, para o seu tratamento e posterior reciclaxe. A recollida foi realizada dende a instalación dos contenedores para estos resíduos, colocados en seis puntos diferentes do municipio fai dous meses.

En concreto, o volume de aceite recollido en cada un deles é o seguinte:

  • Contenedor da Praza de Santa Icía: 380 litros
  • Contenedor da Praza da Gándara: 400 litros
  • Contenedor da Estrada de Castela (á altura do nº 50-52): 170 litros
  • Contenedor da rúa 25 de Xullo: 250 litros
  • Contenedor da Estrada de Castela (á altura do nº 564 –Piñeiros-): 180 litros
  • Contenedor da praza de Xuvia (frente ó Xulgado de Paz): 80 litros

O Concello instalou estos depósitos de resíduos domésticos, con capacidade para depositar ata 500 litros de aceite en cada un deles, co obxectivo de fomentar a reciclaxe deste resíduo. O Concelleiro de Servizos agradeceu o interés da cidadanía de Narón por involucrarse nesta iniciativa que ten como finalidade a preservación do medioambiente, e animou ós veciños a seguir nesta liña.

Ademáis, Pablo Mauriz lembrou que no Punto Limpo Municipal tamén se poden depositar os resíduos de aceites domésticos, ó igual que sucede nos contenedores instalados en distintos lugares de Narón. O Punto Limpo Municipal está situado no polígono industrial de Rio do Pozo (frente a Sogama), e ten un horario de recollida de luns a venres de 10 a 13 horas e os sábados de 9 a 14 horas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar