Éxito do Outlet Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Éxito do Outlet Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco destacou que se trata “dun primeiro paso moi importante para que os comerciantes se unan nunha feira como esta para poder ofrecer os seus produtos e tamén importante para o público en xeral, que pode atopar boas ofertas nestes tempos de crise”.

O pavillón municipal Campo da Serra de Santa Cecilia, en Narón, convertíuse nunha feira de oportunidades á que asistiron máis de 5.500 persoas en busca da ganga perfecta.

En total, unha trintena de comerciantes participaron nesta feria. Así, entre os postos había tendas de moda e boutiques, de bisutería, unha óptica, de regalos e decoración, moda infantil e bebé e ropa de cabaleiro e señora, ademais de tendas de lencería, marroquinería e roupa deportiva.

En canto aos descontos, houbo verdadeiras gangas, como algúns ventidos de festa de Basileia, de Ferrol, con algún modelo con prezos rebaixados desde os 650 euros aos 250 ou outros que pasaban dos 260 aos 55 euros. A responsable da tenda de bisutería e complementos, Jade Bijoux, tamén de Ferrol, mostrábase moi satisfeita co volúmen de vendas alcanzado xa nas primeiras horas, aínda que aseguraba que por momentos se sentía un tanto desbordada polo traballo.

A tenda López Moda, de Narón, unha das poucas con roupa de cabaleiro, ofrecía americanas de marca a 50 euros. Chamaron tamén a atención os vestidos de Faluva complementos, con modelos de 110 euros que se vendían a 40. En definitiva, toda unha serie de choios.

Ana Armada, presidenta de Asociación de Empresarias da Comarca de Ferrolterra, mostrouse moi satisfeita por como se desenvolveu o envento que visitou arredor das doce do mediodía o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado da concelleira de Mocidade, Participación Veciñal e Deportes, Natalia Hermida que ademais é empresaria do sector do comercio.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar