NOVAS

III Edición do "PokeNarón"

Publicado o 18 de Setembro de 2019

O Concello colabora na terceira edición de PokeNarón, un evento promovido pola Asociación Cultural Gaikai e que terá lugar o vindeiro domingo, día 22, na Casa da Mocidade.

A cita está centrada na temática Pokémon e desenvolverase ao longo da tarde, entre as 15.00 e as 21.00 horas. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, animou ás rapazas e rapaces de Narón, e tamén doutros concellos, a desprazarse o domingo á Casa da Mocidade, donde poderán gozar dunha gran variedade de actividades sobre a citada temática e tamén doutras propostas lúdicas.

O programa inclúe un torneo VGC (2DS/3DS) para o que está aberto o prazo de inscrición, debendo tramitarse as mesmas a través do perfil de Facebook da Asociación Cultural Gaikai -https://www.facebook.com/AsociacionGaikai/-, tal e como indicaron desde a entidade. Así mesmo, ao longo da tarde sucederanse propostas como clases de cartas Pokémon, xogos de taboleiro, unha xincana, manualidades, e haberá consolas retro e un karaoke. Para participar nestas últimas actividades, dirixidas a persoas de diferentes idades, non será preciso inscribirse previamente.

Mauriz destacou o traballo que dende a Casa da Mocidade están realizando diversas asociacións, entre elas Gaikai, “que contribúe a diversificar a oferta de lecer dirixida aos mozos e mozas programando varias propostas ao longo do ano e tamén colaborando con eventos que organizamos dende o Concello”.