NOVAS

Kdd Mocidade Narón 2019

Publicado o 01 de Abril de 2019

Distintos obradoiros desde o 15 ao 20 de abril de 10:00 a 14:00 horas e está destinada á mocidade de Narón nada entre 2001 e 2006.

Impartirase na Casa da Mocidade e as saídas a exteriores monitorizadas serán en bús. O Prazo de inscrición é do 1 ao 9 de abril.

As actividades serán as seguintes:

  • Obradoiro de drons terrestre. Control de coches teledirixidos facendo uso de tecnoloxía FPV.
  • Obradoiro de impresión 3D.
  • Graffiti. Mural na Casa da Mocidade.
  • Visitas culturais: Mugardos, Museo do Caldoval e Senda “A Palma-Segaño”.
  • Ruta de sendeirismo “Volta á ría”: Neda, Xuvia e Camiño de Santiago ao seu paso por Narón.
  • Dinámicas de grupo e actividades deportivas.
  • Acción informativa e preventiva sobre “xogos de azar” e novas tecnoloxías.
  • Obradoiro de igualdade. A publicidade e as RRSS desde unha perspectiva de xénero.

Información en www.naron.es, na OMIX Narón e no teléfono: 981 33 77  Ext: 1103.