O ciclo Cine de Verán continúa esta semana no Val e en San Xiao coa proxección de “Nocturna, unha aventura máxica” e “Folerpiña de neve”

Versión para impresoraEnviar a un amigo
noom-peerapong-2uwFEAGUm6E-unsplash (1).jpg

Ambas sesións darán comezo ás 22.30 horas e a súa entrada será de balde.

O Centro Cívico do Val acollerá mañá xoves a proxección da película “Nocturna, unha aventura máxica” e o venres día 23 poderase ver “Folerpiña de neve” na pista polideportiva de San Xiao. Trátase das dúas propostas incluídas esta semana no ciclo Cine de Verán, organizado polo Concello de Narón, a través do Padroado da Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde e as proxeccións darán comezo ás 22.30 horas.

“Nocturna, unha aventura máxica” está protagonizada por Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato e que cada noite descubre que hai seres que fan a vida máis ou menos apacible e cos que tentará rescatar a Aldara, a súa estrela favorita. En canto a “Folerpiña de neve”, trátase dunha película protagonizada polo gorila Copito de Nieve e a súa amiga Paula, que xuntos vivirán numerosas aventuras.

As dúas últimas sesións de Cine de Verán terán lugar a vindeira semana, o 29 de xullo na pista polideportiva de Pedroso, onde poderase ver “Pet 2” e o 30 de xullo proxectarase na pista polideportiva de San Mateo “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar