O Concello abre o prazo de inscrición nun curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE

Versión para impresoraEnviar a un amigo
forklift-835340_640.jpg

O curso diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón.

A concellería de Formación, dirixida pola concelleira Natalia Hermida, convoca un curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE. A convocatoria forma parte do Programa Municipal de Formación do Concello e diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, e non ter concedido outro curso do programa municipal de formación coincidente temporalmente na realización  

A edila naronesa avanzou que se ofertarán un total de 12 prazas e que as inscricións poderan tramitarse dende hoxe, día 30 de marzo, ás 8.30 horas ata o día 7 de abril ás 13.30 horas. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Hermida informou que o curso consta dun total de 75 horas, o lugar de celebración será o Centro municipal de formación “Irmás Froilaz”, na Gándara, e as datas previstas do 14 de abril ao 5 de maio de 2021, cun horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza e terá que comprometerse a cumprir as normas do curso, incluída a normativa en materia de seguridade e hixiene.

Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello –apartado de Formación-, a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar