O Concello apagará o 5 de xuño as luces da fachada do Pazo para sumarse ao proxecto “People&Planet” do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
bombilla_31052021_dameuntoke.png

A través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade o Concello de Narón participará nos proxectos de "People&Planet" co apagado da fachada do Pazo da Cultura e a adquisición de vaccinas contra o Covid-19 en Cuba.

O Concello de Narón adheriuse ao proxecto “People&Planet”, impulsado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o vindeiro sábado, 5 de xuño, a través desta iniciativa levarase a cabo un apagón ambiental no que participarán varios municipios, entre eles o naronés, e algunha Deputación, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, Catalina García.
A edil naronesa avanzou que o edificio elixido para participar nesta convocatoria é o Pazo da Cultura, donde se apagarán a noite do 5 de xuño as luces que iluminan a fachada exterior para sumarse ao proxecto “People&Planet”. Os responsables das concellerías de Benestar Social, Catalina García, Ensino, Mercedes Taibo, e Medio Ambiente, Santiago Galego, trasladaron o xoves pasado na Xunta de Goberno Local a proposta de apagar a iluminación deste edificio municipal.

Así mesmo, García explicou que o Concello colaborará tamén a través do Fondo Galego, ao estar asociado a este organismo, nunha campaña para a adquisición de xiringas destinadas á vacinación contra a Covid-19 en Cuba. Dende o Fondo Galego avanzaron que están a piques de acadar dous millóns de xiringas, sendo o obxectivo final chegar aos dez millóns de unidades a nivel europeo. Recordaron tamén que é posible colaborar a título particular ou colectivo, a través do número de conta ES42 1550 0001 2900 0350 9221 habilitado pola ONGD Sodepaz, debendo indicar no ingreso o concepto “jeringuillas”. García explicou que con cada euro achegado se poderán realizar doce vacinacións.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar