O Concello apraza a exposición “Os cines perdidos de Narón” debido á actual situación sanitaria

Versión para impresoraEnviar a un amigo
felix-mooneeram-evlkOfkQ5rE-unsplash_315.jpg

Segundo as actuais provisións, o evento terá lugar entre os días 5 e 30 do vindeiro mes de maio.

O Concello de Narón apraza a exposición “Os cines perdidos de Narón” que se ía instalar do 1 ao 24 de febreiro nas instalacións do Pazo da Cultura. A actual situación sanitaria derivada da Covid-19 posporase ao mes de maio, concretamente do 5 ao 30, segundo as actuais previsións.

Esta mostra reunirá preto de medio milleiro de pezas expositivas dos vellos cines de Narón: Arizona (O Val); Castro (Castro); Capitol e Avenida (Sedes); Pedroso (Pedroso); Vista Alegre (Doso); Dancing, Urimare, Virgen del Mar e Colón (Santa Icía, A Gándara e Xuvia), datadas entre 1934 e 1990. O material que se exporá foi maioritariamente doado ao Concello por máis de 150 persoas. Proxectores, carteleiras, revistas de cine, cadros, fotografías, entradas, sistemas de son, carretes de películas, butacas… forman parte dese material que se poderá ver o vindeiro mes de maio no Pazo da Cultura.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar