NOVAS

O Concello celebra hoxe varios actos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano

Publicado o 10 de Abril de 2017

O pasado 8 de abril celebrouse o Día Internacional do Pobo Xitano, polo que hoxe luns celebraranse diversos actos conmemorativos

A partir das 10:30 horas un grupo de mulleres de etnia xitana procederán a ler no salón de plenos un texto reivindicativo sobre os dereitos das mulleres que forman parte deste colectivo na área educativa. A modo de referente, estará presente no acto unha rapaza que é a primeira da comarca cun ciclo superior de formación.

Ao remate da lectura, dirixiranse ao parque do río Freixeiro onde un grupo de nenas e nenos das clases de apoio de AFA (Asociación Acción Familiar) realizarán unha lectura. Esta asociación leva o programa de minorías étnicas da cidade. 

A remate desenvolverase a tradicional Cerimonia do Río. Un acto co que se amosa o respecto ás vítimas xitanas da II Guerra Mundial, e ao tempo, a ledicia en lembranza das orixes destes pobos e do seu éxodo polo mundo. Nesta cerimonia tiraranse ao río pétalos de floro como símbolo do transcurso da vida. Trátase de flores realizadas en papel coa técnica do origami no obradoiro impulsado pola Asociación xivenil Gaikai.

Para rematar, unha muller xitana lerá o manifesto realizado este ano con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano e, antes de dar por rematada a convocatoria, servirase tamén no parque de Freixeiro un café xitano, elaborado conforme marca a tradición desta etnia, tal e como explicou García.