O Concello e o Instituto Galego de Estudos Celticos asinan un convenio para a realizacion do III Congreso Internacional de Estudos Celticos

Versión para impresoraEnviar a un amigo
dibujo_celta5.gif

O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, e o Presidente do Instituto Galego de Estudos Celticos, Heitor Rodal, asinaron hoxe un convenio de colaboracion para a realizacion do III Congreso Internacional de Estudos Celticos, que tera lugar os dias 15, 16 e 17 de abril de 2011 en Naron. Tratase da primeira vez que o congreso se celebra nesta cidade xa que nas duas edicions anteriores foi realizado no CIS de A Cabana (Ferrol). O escenario elexido para esta 3ª edicion e o Pazo da Cultura de Naron.

O Alcalde de Naron destacou a importancia de trasladar a sociedade a historia dos nosos ancestros, fomentando o coñecemento dos estudos celticos de Galicia e divulgando e investigando sobre o celtismo. En base a estas premisas, o Concello e o Instituto Galego de Estudios Celticos comprometeronse a realizar este III Congreso de carácter internacional, no que participaran 31 conferenciantes.

O perfil dos mesmos e multidisciplinar, xa que entre os encargados de impartilo habera arqueologos, historiadores, escritores e mesmo xenetistas. A conferencia inaugural sera ofrecida por Angel Carracedo, director do departamento de Mediciña Forense da Universidade de Santiago de Compostela.

O Concello de Naron colabora mediante unha achega economica e cedendo as instalacions do Pazo da Cultura para a celebracion do Congreso, no que poderan participar ata un maximo de 900 persoas.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar