O Concello ensina os desempregados as ferramentas informáticas para atopar emprego a traves de Internet

Versión para impresoraEnviar a un amigo
internet_traffic.jpg

A Concellería de Formacion Laboral e Emprego, dirixida polo edil Jose Luis Suarez, esta a desenvolver durante os meses de novembro e decembro un programa de formación dirixido ás persoas desempregadas que estean empadroadas neste municipio ou no resto da bisbarra.

Tratase dun adestramento sobre os recursos “on line” dos que dispon o Servizo Publico de Emprego para axudar os parados a atopar traballo. A formacion realizase na Casa da Mocidade e no Centro Municipal de Formacion “Irmans Froilaz” (situados en A Gandara) en sesions dunha hora e en grupos de 10 persoas, en horario de 9:00 a 15:00 horas.

A traves de Internet, os participantes aprenden a tramitar prestacions, buscar ofertas de emprego, redactar curriculums, coñecer a oferta de cursos de formacion, e solicitar citas de emprego a traves de Internet. Dende o Concello, se lles ensina a empregar todas estas ferramentas dunha maneira rapida e eficiente, sen necesidade de longas esperas.

O persoal tecnico que atende este programa forma parte do Servizo Publico de Emprego, e o Concello de Naron aporta as aulas multimedia da Casa da Mocidade e do Centro de Formacion para desenvolvelo.

O Concello de Naron abre tamen este programa a outras persoas desempregadas da comarca, que viran a este municipio para recibir esta informacion e asesoramento.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar