O Concello suspende as actividades municipais previstas ao aire libre trala alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias.

Versión para impresoraEnviar a un amigo

O concelleiro de Protección Civil e Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou a suspensión das actividades municipais programadas ao aire libre.

A medida responde ao aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, por fenómenos meteorolóxicos adversos, decretándose a alerta laranxa por vento, con refachos máximos de ata 100 quilómetros por hora previstos entre as 18.00 horas de onte e ata a mañá do mércores, día 27.

Na tarde de onte quedaron suspendidas as actividades enmarcadas no programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa!, que estaban previstas entre as 16.30 e as 18.30 de onte na Praza de Galicia e tamén as viaxes do Navitren, que iniciaba onte as súas rutas pola estrada de Castela entre as 11.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Así mesmo, no que respecta ás instalacións temporais, os titulares das preceptivas autorizacións municipais adoitarán cantas medidas sexan necesarias para evitar accidentes, tal e como se indicou desde o Speis de Narón. 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar