O paseo marítimo de Xuvia acollerá o vindeiro domingo unha nova xornada da Festa do Xogo

Versión para impresoraEnviar a un amigo
R_hunting-1505594_640.jpg

Os nenos e nenas que queiran desfrutar dunha xornada de xogo ao aire libre, de balde, terán a oportunidade de facelo o vindeiro domingo, día 9, no paseo marítimo de Xuvia. Entre as 11.00 e as 14.00 horas instalaranse varios xogos dirixidos a menores de diferentes idades e nos que tamén se poderán implicar, nalgúns casos, os adultos que os acompañen. O Concello de Narón organiza a través do Padroado da Cultura esta convocatoria, que xa se desenvolveu con éxito na Gándara e na Solaina o pasado mes de maio. A concelleira en funcións de Cultura, María del Carmen Espada, animou ás familias a acudir cos seus fillos e fillas a esta convocatoria “donde disporán dunha gran variedade de xogos tradicionais e contarán cun equipo de monitores que lles explicarán ou guiarán, según o caso, para poder desfrutar ao máximo da xornada”. 

Xadrez, puzles, malabares, tirachinas, futbolín, catro en liña, a rá, pesca de botellas, un xogo en braille… forman parte das divertidas propostas dirixidas aos nenos e nenas e que se complementarán novamente cos obradoiros nos que aprenderán a facer unha pequena frauta, que poderán levar para a súa casa, e tamén de pintura.

O programa chegará tamén ao parque fluvial do Río Freixeiro, donde rematará o vindeiro 16 de xuño as catro sesións programadas na cidade.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar