O Pavillón Polideportivo de Santa Icía acollerá o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’

Versión para impresoraEnviar a un amigo
tenis de mesa.jpg

O Pavillón Polideportivo Municipal “Campo da Serra” de Santa Icía acollerá o vindeiro día 12 de outubro (festividade nacional) e o día 1 de novembro  o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’, organizado polo Club Cidade de Narón de Tenis de Mesa en colaboración co Padroado de Deportes de Narón.

A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, destacou a elevada participación neste campionato, que contará con representantes de 19 clubes deportivos procedentes de toda Galicia. A relación de participantes é a seguinte: Club T.M. Hípica da Coruña, Club T.M. do Mar da Coruña, Club T.M. Temegal da Coruña, Club T.M. Coruña, Club T.M. Breogán de Oleiros, Club T.M. Cambre Tenis de Mesa, Club T.M. Arteal de Santiago, Club T.M. Conxo de Santiago, Club T.M. Monte Porreiro de Pontevedra, Club T.M. Ribadumia, Club T.M. Mercantil de Vigo, Club T.M. Elios Bembrive de Vigo, Club T.M. Cerbe de Monforte, Club T.M. Dez Portas de Lugo, Club T.M. Ferrol, Club T.M. San Xoán de Ferrol, Club T.M. Cambados, Club Narón Tenis de Mesa, e Club Cidade de Narón Tenis de Mesa.

Os equipos competirán en tódalas categorías, tanto femininas como masculinas. O horario de inicio dos torneos será a partir das 10:00 horas e rematará sobre as 20:00 horas. A continuación, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, fará entrega dos correspondientes trofeos ós gañadores/as nas diferentes categorías.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar