Os nosos profes co galego

Versión para impresoraEnviar a un amigo
galego.jpg

Durante este verán xurdiu unha nova iniciativa a prol do galego nas redes sociais. Trátase do grupo do Facebook "profes co galego"unha iniciativa encamiñada a defender que o noso idioma siga sendo utilizado nas asignaturas de ciencias como as matemáticas, tecnoloxía, física e química e outras materias, tanto en primaria como en secundaria.

Na páxina de facebook, “Profes co galego” pódense sumar todos os mestres que decidan continuar dando as materias na súa lingua nai. Segundo a profesora e creadora da iniciativa, Beatriz Álvarez, teñen a razón xurídicamente xa que o decreto é claramente ilegal.

Non temen aos expedientes sancionadores e rebelaranse en contra do establecido polo goberno do PP.  O grupo, ademais de amosar o rexeitamento ao decreto, apoiará ao profesorado ante as posibles consecuencias que lle causen este posicionamento.

Dende Dameuntoke Narón queremos amosar o noso apoio a este tipo de inciativas simplemente porque "en galego estamos no mundo".

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar