Os novos prezos dos carnés dirixidos á mocidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo
boy-3008920_640.jpg

O 8 de abril de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia, número 67, a Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos de expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Queres saber como quedan establecidos estes prezos?

  1. Carné xove: 6 €.
  2. Carné alberguista xove: 5 €.
  3. Carné alberguista adulto/a: 10 €.
  4. Carné alberguista grupo: 16 €.
  5. Carné alberguista familiar: 18 €.
  6. Carné teacher (ITIC): 9 €.
  7. Carné internacional xove (IYTC): 9 €.
  8. Carné student (ISIC): 9 €.
Se precisas información sobre algúns destes carnés, podes obtela nesta ligazón.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar