NOVAS

Parlamento Xove e Encontros Sectoriais

Publicado o 13 de Decembro de 2018

O Concello de Narón informa dos seguintes programas cara a xuventude

Parlamento Xove: A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten aberto ata o vindeiro 21 de xaneiro de 2019 o prazo para participar na décima edición do Parlamento Xove, programa de debate que pretende potenciar o diálogo como ferramenta para argumentar as ideas propias entre a mocidade. Está dirixido ao alumnado galego de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato e en total poderán participar 48 equipos, 24 por cada categoría.

Podes acceder as bases e información no seguinte enlace:  http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15557-palamento-xove-2019

Ademais, realizaranse no Espazo Xove de Viveiro o Encontro Sectorial de Viveiro, co programa: “Orientación profesional emprendemento” (18 e 19 decembro) dentro do Proxecto Lidera.

Podes acceder as bases e información no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15566-encontro-sectorial-de-viveiro-orientacion-profesional-emprendemento-18-e-19-decembro

E tamén dentro neste mesmo Proxecto Lidera realizarase o Econtro Sectorial en Vilalba, no IES LOIS PEÑA NOVO, co programa: “Rallies e mecánica de competición, máis aló do taller”.

Podes acceder as bases e información no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/15565-encontro-sectorial-de-vilalba-rallies-e-mecanica-de-competicion-mais-alo-do-taller