NOVAS

Presentación do libro Silencios… de Amelia de Querol e Lucas Blanco, na Biblioteca municipal

Publicado o 14 de Marzo de 2019

A Biblioteca municipal acollerá mañá, a partir das 19.00 horas a presentación do libro Silencios…, con poemas de Amelia de Querol e fotografías de Lucas Blanco.

A cita desenvolverase no baixo da Biblioteca municipal, donde o público asistente terá a oportunidade de que os autores dos textos e das imaxes, ambos de Narón, lles explique con detalle o contido deste libro.

Silencios.. aborda as diferentes facetas de silencio, a modo dun xogo de metáforas con respecto a estas situacións nas que se van combinando os poemas de Amelia de Querol e fotografías tomadas polo fotógrafo Lucas Blanco. 

As persoas interesadas poderán asistir á presentación deste libro, cunha finalidade tamén solidaria porque unha parte da recadación pola súa venda doarase a unha ONG.