NOVAS

Programa Aventúrate con Galicia

Publicado o 20 de Abril de 2018

Aventúrate con Galicia, é un programa dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Queres participar? Estes son os requerimentos:

  1. Residencia habitual fóra de Galicia. 
  2. Nacer en Galicia ou seren descendente de persoa emigrante galega. 
  3. As persoas participantes deberán ter, o 30 de xullo de 2018, unha idade comprendida entre os 14 e os 17 anos.

Onde se van a desenvolver as actividades?

  • Actividades no mar-Gandarío. 20 prazas. Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo).
  • Actividades de natureza-ambiente e mar. 20 prazas. Albergue Xuvenil de Area (Viveiro).
  • Actividades de aventura T. 10 prazas. Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei).

Estas actividades serán realizadas xunto con mozos e mozas residentes en Galicia participantes na campaña de verán que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Cando? Entre os días 17 e 28 de xullo de 2018.

Outras condicións a ter en conta: Cada participante farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida e de volta aos seus lugares de residencia. O seguro de estadía vai a cargo da Xunta de Galicia, así como do desprazamento das persoas beneficiarias das actividades desde os aeroportos, estacións de tren ou de autobuses de chegada a Galicia ata a instalación que lles sexa asignada. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos terrestres desde a instalación asignada ata os aeroportos, estacións de tren ou de autobuses de saída en Galicia de todas as persoas participantes que realicen o retorno ao seu lugar ou país de orixe o día que remate a actividade do campamento.

Queres inscribirte? O prazo estará aberto ata o 18 de maio de 2018. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930B

Precisas máis información? Podes atopala no DOG do 18 de abril de 2018 e en http://emigracion.xunta.gal/