A realidade das marcas blancas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
logo.png

A web marcasblancas.wikispaces.com é un espazo colaborativo e aberto na web, en beneficio de todos os consumidores, onde podemos coñecer en profundidade os datos de moitos dos produtos que consumimos.

O obxectivo deste proxecto é coñecer todas as características e procedencia das marcas, principalmente das marcas blancas para valorar a súa compra. Para asegurar unha maior transparencia infórmase dos produtos comprobados na web de AESAN (unha web estatal onde indicando o rexistro sanitario do produto (RGSA) devólveche o fabricante real).

É importante ter en conta que se trata dun proxecto colaborativo confeccionado sen nengún tipo de interese comercial, económico ou difamatorio. Os datos reflexados son remitidos polos propios consumidores.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar