Recuperando o muíño de Xuvía

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Muiño do río Xuvia en Narón

A finais do pasado mes de maio o Concello naronés adxudicaba os traballos da primeira fase da rehabilitación do muíño de Xuvia. O avanzado estado de deterioro que presenta o inmoble urxe esa primeira intervención, que comezará a executare o vindeiro mes de xullo.

As tarefas que permitirán recuperar parte da construción actual suporán ás arcas locais un desembolso de 198.409 euros.

Antes de comezar a actuar na propia edificación, procederase a desbrozar as inmediacións da mesma. A continuación, montaranse os andamios necesarios para dar prioridade ao tellado. É precisamente a cuberta da construción a que, na propia obra de rehabilitación das instalacións, terá prioridade, para a continuación seguir materializando os traballos nas paredes.  Así mesmo procederase a pechar os ocos do exterior –fiestras e portas– con taboleiros para así evitar o acceso ao interior do muíño unha vez esté parcialmente recuperado. A tella do país, o carballo e o castiñeiro forman parte dos materiais que se empregarán para devolver o inmoble ao seu estado orixinal.

Os preto de 200.000 euros que o Concello de Narón destinará este ano á intervención terán que complementarse con outras partidas, de maior importe, para rehabilitar completamente o muíño de Xuvia e as edificacións anexas. Desde o consistorio xa se apuntaba hai uns meses á posibilidade de acollerse a axudas doutras administracións, incluso da Unión Europea (a través do Plan Feder) para poder recuperar o edificio, cun importante valor patrimonial.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar