Rosendo Mercado actúa dentro das Festas de verán de Narón 2010

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Rosendo Mercado actúa dentro das Festas de verán de Narón 2010

O artista sustituirá a Miguel Bosé, que a última hora caéuse do cartel por enfermidade. Berrogüeto e Mercedes Peón tamén actuarán este fin de semana en Xuvia.

O artista Rosendo Mercado actuará hoxe a partires das 23:00 horas no paseo marítimo de Xuvia, dentro das Festas de Verán de Narón 2010. Sustitúe así a Miguel Bosé, quen a última hora de onte cancelou inesperadamente a súa actuación debido a unha larinxitis.

O concerto de Rosendo, quen presentará os temas do seu derradeiro disco "A veces cuesta llegar al estribillo" terá unha duración aproximada de 2 horas. Ó finalizar, haberá un espectáculo de música disco con 30.000 watios de son.

O Concello de Narón iniciou onte a programación dos festexos de verán, que teñen lugar no municipio do 15 ó 18 de xullo no paseo marítimo de Xuvia. Tódalas actuacións son gratuitas, e a partires das 18:00 horas hai unha feira de artesanía no propio paseo.

O calendario de Festas é o seguinte:

  • Xoves 15 de xullo

22:00 horas: actuación da Orquestra América.
23:30 horas: actuación do grupo Mago de Oz .
01:30 horas: actuación da Orquestra América.

  • Venres 16 de xullo

23:00 horas: Rosendo en concerto.
01:00 horas: espectáculo de música disco.

  • Sábado 17 de xullo

21:00 horas: XX Festival Internacional de Folclore (coa participación de Illa Martinica, Senegal, Indonesia, España e Galicia).
23:00 horas: Sesión de fogos artificiais.

  • Domingo 18 de xullo

20:00 horas: Festival Folc con Mercedes Peón, e Berrogüeto.

As festas están organizadas pola Concellería de Festas de Narón e o Padroado de Cultura, en colaboración co Xacobeo 2010 e a Deputación de A Coruña.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar