Subvencións do Injuve ás Asociacións Xuvenís e Entidades prestadoras de servizos á xuventude

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Injuve

Serán obxecto de subvención os programas dirixidos a mozos entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social, así como ao fomento de programas que posibilite a autonomía e promovan a igualdade de oportunidades dos mozos e mozas.

Requisitos para solicitar a subvención:

  • Estar legalmente constituída como:

a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís.
b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións no que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía
funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís.
c) Entidades Prestadoras de Servizos á Xuventude, dedicadas con carácter habitual á realización de actividades en
favor da xuventude segundo previsión expresa nos seus Estatutos.

  • Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.
  •  Carecer de fins de lucro.
  • Dispoñer da estrutura e capacidade abondo para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia necesaria para iso.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2010

Máis inforamción no BOE do 1 de marzo de 2010 e en http://www.injuve.migualdad.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar