Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Consumo responsable

O Instituto Galego de Consumo convoca a fase autonómica do concurso de premios sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable.

Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas de idades comprendidas entre 10 e 16 anos coordinados por un profesor ou profesora, que estivesen inscritos previamente e que rematasen a primeira parte do concurso realizada a través da páxina web que soporta o xogo e que ten achega desde a web do Instituto Galego de Consumo (www.igc.xunta.es).

Os niveis de participación establecidos son:

  • Alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria (de 10 a 12 anos).
  • Alumnado de 1º e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (de 12 a 14 anos).
  • Alumnado de 3º e 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (de 14 a 16 anos).

Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro,
segundo e terceiro lugar por cada un dos niveis de participación seguintes:

  1. Alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria.
  2. Alumnado de 1º e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
  3. Alumnado de 3º e 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Ademais, todos os membros do equipo recibirán un diploma acreditativo como gañadores. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada un dos niveis representarán a Comunidade Autónoma na fase estatal que terá lugar en Madrid.

O prazo para a presentación dos traballos estará aberto ata o 20 de marzo de 2010.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar