Último día para solicitar intercambios xuvenís a Italia, Xeorxia e Xapón dentro do programa "A xuventude no mundo"

Versión para impresoraEnviar a un amigo
xapon.jpg

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, ao abeiro das relacións bilaterais que a Xunta de Galicia mantén con distintas entidades noutros países, convocou hai uns días catro intercambios xuvenís en Italia, Xeorxia e Xapón. 

Hoxe é o último día para solicitar a inclusión nestes intercambios. A inscrición pode facerse mediante envío de formulario electrónico dentro do prazo establecido. Só se admitirá unha solicitude por persoa participante. 

  1. "Arte e Historia veneciana": É o título do intercambio xuvenil a Venecia que se desenvolverá entre o 28 de marzo ao 3 de abril de 2018. Este inclúe actividades de ocio educativo e culturais, visita á Basílica e Praza de San Marcos, ao Palacio Ducal, illas de Murano e Burano, ao Teatro La Fenice, Museo de Historia Natural, workshops, encontros con mozos e mozas venecianos/as e cea intercultural.
  2. “A diversidade dos costumes, a convivencia entre culturas diferentes”. Este é o título do intercanbio xuvenil a Tiblisi (Xeorxia).  Están previstas as seguintes actividades: actividades de ocio educativo e culturais, reunión con mozos /as de universidades estatais,; visitas varias: Ministerio de relacións e Asuntos Exteriores de Xeorxia, covas de Sataplia,..., workshops, encontros con mozos e mozas xeorxianos e cea intercultural.
  3.  “Conmemoración do 20 aniversario do irmanamento do Camiño Kumano Kodo co Camiño de Santiago”. Intercambio á prefectura de Wakayama (Xapón), que inclué percorrido durante 3 días do Camiño Kumano Kodo, visita a lugares tradicionais da cultura xaponesa, encontros con mozos e mozas xaponeses, cea intercultural e aloxamento durante 3 días con familias xaponesas.
  4. “Mocidade para a inclusión de inmigrantes”. Este é o titulo do intercambio a Sicilia, que inclúe entre outras, actividades de ocio educativo e culturais; charlas coloquios sobre as sociedades multiculturais e políticas de integración; workshops sobre mediación e comunicación intercultural; reunións con autoridades locais; encontros con mozos e mozas sicialianos/as e cea intercultural.

 

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar