Un martes de lectura cos Bolechas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
bolechas.jpg

Na Biblioteca municipal de Naron atoparedes a maior parte da serie de literatura infantil "Os Bolechas".

Nos ultimos anos son os protagonistas da máis nutrida serie da nosa literatura infantil. Contan cunha lexión de seguidores entre os máis pequenos sen teren máis soporte que o libro ilustrado. Cada vez tocan máis ámbitos e visitan máis lugares da nosa xeografía. Ata comezan a ter, cousa rara no noso país, os seus propios obxectos de mercadotecnia asociados.

Hai case cen títulos que recollen dun ou doutro xeito, as aventuras dos Bolechas. Cada novo lanzamento consigue unha rápida aceptación do público máis novo ata o punto de conseguir converterse en todo un fenómeno social entre os galegos máis novos sen contar apenas con apoios publicitarios. Por vez primeira no noso país, personaxes que parten dos libros para nenos conseguen os seus propios obxectos de mercadotecnia, chegan fóra das nosas fronteiras e ameazan aínda con continuar unha sorprendente expansión.

A orixe

Todo comezou como unha iniciativa do prolífico Pepe Carreiro. "Foi un proxecto que presentei eu en A Nosa Terra", explica o autor. "Quería facer unha serie con personaxes fixos e co único fin de divertir os primeiros lectores. Ademais, quería fuxir de fantasías e de leccións morais, a idea era só que pasasen un bo momento a ler o libro e que as aventuras fosen as que teñen os nenos todos os días coas billas, as camas ou no parque".

Unha familia de seis irmáns, Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia e Tatá, canda ao cadelo Chispa, foron os protagonistas desta iniciativa, que axiña conseguiu unha boa aceptación entre os máis novos.

Desde o primeiro "Os Bolechas fan maxia" do ano 2000, os irmáns teñen feito actividades tan variadas como lavar o can, mercar roupa, ir de excusión, de pesca, ao médico, ao supermercado, á praia, á aldea, ao circo, ao cine e á piscina. Carreiro meteu os irmáns nun parque de atraccións, en ascensor e en caravana, nun festival e mesmo nunha hamburguesaría. Tamén fixeron un carro, xogaron co computador, ás agochadas, ao baloncesto, perderon o can, namoraron, rifaron, fixeron pis e realizaron aínda un bo lote de actividades máis nun total de trinta e dous títulos da colección principal.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar