Un novo local Social Multiusos do Alto

Versión para impresoraEnviar a un amigo
xadrez.jpg

O Concello de Narón inagurou o novo local social multiusos do Alto. Trátase dun local municipal que antigamente acolleu a Escola Unitaria de Domirón e foi desafectada pola Consellería de Educación no ano 2008. A partir dese momento o Concello de Narón asumíu a súa reforma e posta en valor.

As obras en cuestión consistiron na construcción dun edificio de dúas plantas cunha superficie de 370 m2 por planta. Na pranta baixa atópase o hall, un salón de actos de 146 m2, unha recepción, barbacoa exterior, e vestiarios para os equipos que xoguen na pista deportiva da parte traseira do edificio. Na pranta alta están os locais que empregarán a Asociación de Veciños do Alto e o Círculo de Xadrez Narón, principais destinatarios destas instalacións.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presidíu o acto de inauguración do novo Edificio Social Multiusos situado en San Xosé Obreiro, na parroquia do Alto.

O novo edificio foi construido no prazo de dous anos,  cun orzamento de 654.000 euros.

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar