Unha semaniña de aventura e deporte no encoro das Cunchas

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Viaxes para a xuventude de Narón

O Albergue de Muíños (Ourense) acollerá durante o mes de agosto a un cento de mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, distribuídas en catro quendas de seis días (de luns a sábado), que participarán nunha actividade de aventura e deporte.

O prezo da estancia é de 80 euros (60 co carné Xove) e inclúe aloxamento, pensión completa e a participación nas actividades programadas.

O albergue está situado no Complexo Turístico de O Corgo, nas beiras do encoro de As Cunchas, en pleno Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Por unha banda, os participantes poderán realizar actividades relacionadas cos deportes náuticos nas praias e nas augas do encoro de As Cunchas, como piragüismo, remo e vela. A situación en pleno parque natural tamén facilitará as actividades de contacto coa natureza, como sendeirismo.

Esta actividade inda conta con prazas libres para as dúas quendas da última quincena de agosto. Para solicitalas os interesados deberán informarse mediante unha chamada ao servizo de Xuventude da delegación territorial de Ourense (988.386.120).

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar