NOVAS

VIII Concurso de viñetas da Deputación da Coruña “IgualMente”

Publicado o 27 de Marzo de 2017

Tes entre 12 e 18 anos? Gústache a banda deseñada? Dáseche ben ilustrar? Pois este concurso pode ser moi interesante...

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía de todas as idades  sobre a importancia de gozar de relacións afectivo-sexuais e de parella saudables e en igualdade, incidindo na necesidade social de respecto e tolerancia das diversidades sexuais e as identidades de xénero para acadar unha sociedade mais xusta e igualitaria.

 

 

A idea é moi chula, non si? Precisas máis información? Olla estas ligazóns:

  1. Bases: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/03/13/2017_0000001936.html
  2. Máis información: https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios/concurso-vinetas/

 

Hai premios? En canto aos premios, seleccionarase tres traballos finalistas en cada categoría:

  1. CATEGORIA A: Idades comprendidas entre os 12 e 14 anos.
  2. CATEGORIA B: Iades comprendidas entre os 15 e 18 anos.

 

O primeiro premio recibirá un iPAD AIR e unha colección de cómics e o segundo e terceiro premio unha TABLET e unha colección de cómics.

 

 

O prazo de admisión de obras péchase o 12 de abril de 2017, estamos a tempo!!