Xa contamos cun rexistro municipal de bicicletas en Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
bici.jpg

Esta iniciativa partiu do equipo de Educación Vial e vainos permitir rexistrar as nosas bicibletas como se tiveran a súa propia matrícula para telas localizadas evitando roubos ou extravíos.

Con esta idea, o Concello de Narón pretende dificultar o seu roubo a través dun mecanismo que permita a súa identificación e localización. Os interesados en inscribir o seu vehículo neste rexistro deberán facelo a través da páxina web da Policía Local de Narón (www. http://policia.naron.es).

Unha vez ahí, cubrirase un formulario no que é obrigatorio completar os datos personais, ser maior de 14 anos de idade (e dispor da correspondente autorización paterna) e residir en Narón, e finalmente haberá de indicarse o número de bastidor da bicicleta –habitualmente figura debaixo da caixa de pedalear-.

As persoas que xa estean inscritas recibirán un correo electrónico coa confirmación do rexistro, e unha pegatina coas instruccións sobre onde colocala na súa bicicleta.

O rexistro municipal de bicicletas está operativo dende o pasado mércores 22 de setembro. Nos primeiros días recibíu xa máis de 500 visitas, o que fai unha idea da afición que existe en Narón por este vehículo. “Esta nova ferramenta vai permitir á Policia localizar a bicicleta e tamén ó propietario da mesma en caso de perda ou roubo”, comentou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín.

Pola súa banda, o Policía Local e responsable do programa de Educación Viaria, Pedro Caneiro explicou que esta idea xurdíu “debido ao elevado uso das bicicletas e á demanda que existía sobre o control das mesmas”. O seu compañeiro, Simón Cabarcos, engadíu ao respecto que este “é un dos novos proxectos que temos para este curso, e servirá tamén para contabilizar o número de bicicletas coas que contamos en Narón”, asentíu.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar