Xuventur, Turismo rural para a mocidade galega

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Xuventur

Comeza o programa Xuventur,  Turismo rural para a mocidade galega unha iniciativa dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos para que poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.

O programa Xuventur, desenvolverase durante as fins de semana dos meses de abril, maio e xuño excluída a Semana Santa e inclúe aloxamento en casas de turismo rural, noites do venres e sábado; manutención completa (venres: cea; sábado: almorzo, pic-nic e cea; e domingo: almorzo).

Tamén está incluído no programa o transporte das persoas que participan dende o aloxamento ao lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e do domingo. Así como o programa de actividades, o equipo de monitores e o material preciso para o seu desenvolvemento. No suposto de que faga mal tempo, desenvolveranse actividades alternativas.

Hai trece programas diferentes que comprenden actividades como bodyboard e skibus, cabullería, sendeirismo, piragüismo, paintball, tiro con arco, escalada, rutas en btt, rutas dacabalo, orientación, canoas, tiro con arco, visitas guiadas e culturais, descenso en kaiak, surf, padelboard, espeleoloxía, iniciación á escalada e rapel, xogo de rol en vivo dramatizado, carreiras de orientación con gps deportivo...

Como podemos participar?

Para participar nas actividades é necesario inscribirse nos teléfonos 981 957 057 ou 881 999 314.

Pódese obter mais información na web de Turgalicia (www.turgalicia.es) e mais na web www.xuventude.net ou na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Narón.

O número máximo de persoas que poderán participar en cada unha das opcións e fins de semana será determinado pola capacidade das casas de turismo rural, podendo variar entre 22 e 25 prazas. O prezo será de 100 euros por praza e as persoas con carné xove ou carné máis terán un 25% de desconto.

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar