OCIO

Ocio

Ao longo destas páxinas poderás atopar información dos diferentes recursos autonómicos, nacionais e municipais dos que podes gozar no teu tempo libre dunha maneira creativa.

No teu tempo libre, son moitas os recursos dos que podes dispoñer.

A NIVEL MUNICIPAL

Actividades de mocidade como os encontros locais de mocidade, a escola de música moderna (guitarra, batería e percusión), os foros de mocidade, graffiti, queedadas, actuacións musicais, obradoiros formativos, de sexualidade, etc.

Ademais contamos coa Casa da Mocidade (rúa Colmeote S/N) un lugar onde se centralizan todas as actividades e que conta con aula de informática con ordenadores con conexión a Internet gratuíta, biblioteca, salas de usos múltiples, punto de información xuvenil, aulas de ensaio para grupos musicais e pista polideportiva.

Na OMIX de Narón (sita na 1ª planta do Concello) tamén poderás atopar información de actividades para facer no tempo libre, cursos formativos, escolas municipais, viaxes, asociacionismo, carnés para mozos/as, concertos, axudas ó estudo, subvencións, etc.

Máis información na O.M.I.X de Narón: 981 337700, ext 1103; correo: omix@naron.es ou na Casa da Mocidade no 981390918.

Actividades culturais nas que podemos incluír as escolas de música, escolas de danza, escola de debuxo, escola de teatro, bailes de salón, etc.

Tamén se ofrecen ciclos de cine, de teatro, actuacións musicais, de baile ou ópera.

Máis información na web do Padroado da Cultura ou no Pazo da Cultura (Rúa Holanda. Urb Ciudad Europa).

  • Mocidade
  • Cultura
  • Deportes

Actividade deportiva en xeral na que podemos destacar as escolas de Atletismo, Balonmán, Badmington, Futbol, Futbol Sala, Ioga, Natación, Piraguismo, Remo, Tenis de Mesa, Xadrez, Ximnasia de Mantemento e Ximnasia Rítmica.

Entre a infraestructura deportiva, Narón con 9 pistas exteriores descubertas, 2 campos de futbol de herba natural, 2 campos de herba artificial, 1 campo de futbol de terra, 8 pavillóns cubertos, 1 estadio municipal con pistas de atletismo, 1 piscina cuberta climatizada, 1 piscina cuberta terapéutica e 1 circuito de ciclocross.
O uso destas infraestructuras solicitarase nas oficinas do Padroado de Deportes, sitas no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara (Estrada da Gándara nº 148 – Narón Tlf. 981-387522), segundo o procedemento establecido o efecto.

  • Sendeirismo

Se che gusta camiñar e coñecer sitios tamén podes facelo apuntándote ao Programa Corredoira Verde de itinerarios medio ambientais que empezará a funcionar no mes de maio. Podes fomalizar a túa inscrición no Servizo Sociocomunitario.

  • Lectura

Se o que che gusta é a lectura, en Narón temos 2 bibliotecas municipais e 1 ludoteca. As bibliotecas municipais están situadas na Gándara (Casa da Mocidade) e no Alto (Rúa 25 de xullo, s/n) con teléfono: 981382173 e correo electrónico: naron@rbgalicia.org.

Nestas bibliotecas poderás atopar os seguintes servizos: lectura en sala, préstamo a domicilio, información bibliográfica, hemeroteca, acceso a Internet, actividades culturais,etc.

Catálogos existentes na biblioteca de Narón