de interese

Versión para impresoraEnviar a un amigo

PARA AS/OS AMANTES DO CAMPISMO

Existe o Carné Internacional de Cámping (CCI) que é un documento de identidade para a persoa que acampa. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de danos a terceiros.

Podes obter descontos en material de acampada, deportes, parques de atraccións, museos... Nalgúns países é obrigatorio.

Podes facelo na provincia da Coruña no seguinte enderezo:

Cámping Caravaning Club Galicia - A Coruña

R/ Alcaldesa Berta Tapia, 7 baixo.

15010, A Coruña

Tel.: 981 141 078

Horario: os xoves de 20:00 a 22:00 h.

Máis información:

  1. www.guiacampingfecc.com
  2. www.acampamos.com
  3. www.infocamping.com
  4. www.ccc.devigo.net
  5. www.campingsonline.com
  6. www.vayacamping.net
  7. www.campings.net

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

Instalacións da Xunta de Galicia que permiten estancias temporais de familias ou grupos a prezos alcanzables.

Enderezos:

Residencia de tempo libre do Carballiño

Zona do Parque, s/n

32500, O Carballiño (Ourense)

Tel.: 988 788 111. Correo electrónico: carballino@xunta.es

Residencia de tempo libre de Panxón

R/ Cansadoura, 2

36340, Panxón, Nigrán (Pontevedra)

Tel.: 986 368 233. Correo electrónico: rtlpanxon@xunta.es

VIAXES UNIÓN EUROPEA

No portal oficial da Unión Europea podes atopar información de utilidade para aquelas persoas que viaxen a calquera dos países da UE. Tanto se a viaxe é de vacacións ou de negocios, a web ofrece consellos prácticos e suxestións útiles sobre varias cuestións de interese.

  1. Consulta a información: https://europa.eu/european-union/life/travel-tourism_es

REFUXIOS NA MONTAÑA

Se o que che gusta é perderte na montaña, en Galicia existen diferentes albergues que seguro que che daran darán aloxamento.

  1. Podes consultar os refuxios de montaña existentes en Galicia na web da Federación Galega de Montañismo: http://fgmontanismo.es/refuxios/

ESCOLAS DE TEMPO LIBRE

Son escolas que están repartidas ao longo das catro provincias galegas e que pertencen á Xunta, nelas poderás obter o título homologado de monitor de actividades de tempo libre, director de actividades de tempo libre e director de campos de traballo.

  1. Na seguinte ligazón poderás descargar as da provincia da Coruña (arquivo adxunto escolas de tempo libre da provincia da Coruña)

ALBERGUISMO

Os albergues son outra opción sa na que ocupar o teu tempo de ocio. Existen gran cantidade de albergues ao longo do territorio estatal e poderás ter opción a aloxamento sempre e cando posúas o carné de alberguista que pode ser de distintos tipos:

  1.  Carné de alberguista xove (14 a 30 anos): 5 euros
  2.  Carné de alberguista adulto (+ de 30 anos): 12 euros
  3.  Carné de alberguista grupo (<30 anos, mínimo 10 persoas): 15 euros
  4.  Carné de alberguista familiar (pais + fillos menores de 14 anos): 24 euros

Este carné pódelo facer nas oficinas locais de mocidade como na:

Oficina Local de Ferrol - Edifico Administrativo da Xunta

Praza Camilo José Cela, 1º - 15403 (Ferrol)

Tel.: 981337290 - Fax: 981337013

Horario de 9 a 14 h.

Máis información

  1. Rede española de Albergues Xuvenís 
  2. Albergue Clube Ancares: Albergue situado en Campo de Fieiro, Degrada, Cervantes. Ofrece habitacións con baño e liteiras así como comidas caseira. Teléfono de contacto: 982181113. Web: http://albergueancares.com/
  3. Rede Internacional de Albergues Xuvenís

UTILIZA O TREN

Se o que che gustan son as viaxes panorámicas en tren que mellor que o INTER RAÍL, un billete que che vai a permitir viaxar por toda Europa a un prezo alcanzable. Hai diferentes modalidades e diferentes prezos dependendo da idade que tes cando saes do punto de destino.

Como é un billete de tren, pódese comprar en calquera despacho de billetes de Renfe, en moitas axencias de viaxe ou a través de internet.

Os itinerarios que podes elixir son flexibles e os custos dependerán da zona que queiramos visitar.

Os países que compoñen a oferta global son: Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Austria, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Finlandia, Grecia, Irlanda, Estado Español, Suíza, Croacia, Dinamarca, Hungría, Polonia, Portugal, Romanía, Bulgaria, República Checa, Macedonia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, Turquía e Bosnia).

  1. Máis información en https://www.interrail.eu/es

MÓVETE EN BUS

A compañía FLIXBUS conta coa rede de autobuses máis grande de Europa e que conecta múltiples cidades europeas a prezos económicos. Desde Galicia, por exemplo, opera rutas desde Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo ata Oporto, París, Burdeos e Baiona.

  1. Máis información: https://www.flixbus.es/

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar