POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Política de privacidade

DAMEUNTOKE, a través do dominio http://dameuntoke.es facilita información no ámbito da xuventude no  CONCELLO DE NARÓN.

Así mesmo, o CONCELLO DE NARÓN non asume responsabilidade algunha en relación co material incluído nestas páxinas. Tal material consiste únicamente en información pública de carácter xeral, non ofrece necesariamente información completa, exacta ou actualizada. En ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos que estivesen suxeitos exclusivamente á normativa que lle sexa de aplicación.

O CONCELLO DE NARÓN non se fai responsable do acceso ou uso dos contidos. Do mesmo xeito o CONCELLO DE NARÓN non se fai responsable do acceso e contidos que aparezan nas ligazóns a outros dominios que se inclúen no dominio http://dameuntoke.es

Toda a información contida no dominio http://dameuntoke.es poderá ser modificada e actualizada polo CONCELLO DE NARÓN sen necesidade de aviso previo.

O CONCELLO DE NARÓN pon a dispor dos usuarios da web un enderezo de correo-e para que poidan manifestar as súas queixas e comentarios en relación cos contidos e informacións que se faciliten a través da web, que serán debidamente atendidos corrixindo de xeito inmediato aquelas situacións que representen un prexuízo, non respondan á verdade e supoñan ofensa para persoas ou colectivos.