sexualidade

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Durante a adolescencia son moitas as cousas que debes aprender para ter unha boa saúde, nestas páxinas encontrarás ligazóns de interese e consellos cos que poderás aprender a gozar dunha sexualidade sa, unha alimentación conveniente e un ocio sen drogas.

Empezamos pola SEXUALIDADE

A forma de vivir a sexualidade vai influir na túa saúde e a dos demais, polo tanto se decides ter prácticas sexuais é bo que te asesores e orientes para vivir unha sexualidade responsable na que poidas decidir por ti mesmo sobre as túas condutas dunha maneira sa.

  • A nivel municipal

O Concello de Narón organiza todos os anos obradoiros de educación afectivo sexual en colaboración cos  centros educativos para que poidas ter información de primeira man de profesionais e expertos sobre o tema. Aproveita eses obradoiros e pregunta as túas dúbidas.

No I.E.S As Telleiras existe unha oficina de asesoramento afectivo sexual para mozas e mozos coma ti que poden informarse e solucionar as súas dúbidas todos os martes no 1º recreo (10:10 a 10:30)

Tamén na oficina de información xuvenil podes asesorarte en materia de sexualidade e ter información das diferentes campañas informativas promovidas por diferentes órganos públicos.

  • A nivel autonómico

A rede de centros QUÉROTE promovidos pola dirección xeral de xuventude, constitúe unha rede de centros de asesoramento afectivo-sexual que teñen por misión promover a saúde sexual impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. Estes servizos son gratuítos e poderás consultar as túas dúbidas por correo electrónico, teléfono ou de maneira presencial.

  1. As túas consultas teléfonicas podes realizalas no teléfono 902 141 617
  2. As túas consultas online podes facelas na seguinte ligazón
  3. E tamén te podes poñer en contacto co Centro a través do correo info@querote.org

 

O centro Quérote máis próximo a Narón está no concello de Ferrol no seguinte enderezo:

Centro de Asesoramento Afectivo-Sexual de Ferrol
Rúa Santa Comba, 61
15404 Ferrol
Teléfono: 981 317 027

Os centros de planificación familiar proporcionan servizos xerais sobre anticoncepción, saúde afectivo-sexual, interrupción voluntaria da xestación, relacións de parella, píldora postcoital, problemas de esterilidade, etc. Poden acceder a eless todas as persoas que residen no concello ou concellos próximos.

O centro centro de planificación familiar máis próximo está no seguinte enderezo:

Centro de Saúde Fontenla-Maristany
Praza de España 19. 15403 Ferrol, A Coruña
Teléfono: 981 33 66 36

  • Outros centros

O Centro Joven de Anticoncepción y Sexualidad ten como obxectivo ofrecer información, orientación e asesoramento a través de consultas realizadas sobre temas relacionados coa sexualidade, co fin último de evitar condutas de risco. Ofrecen información e asesoramento sobre aticonceptivos, ETS, anticoncepción de emerxenci... As consultas telefónicas son anónimas e confidenciais.

Horario de atención telefónica: podes chamar dende calquera punto de Galicia ao 881 91 68 69, de luns a vernes de 10 a 14 horas (para mozas e mozos galegos), e as fins de semana (dende calquera punto do Estado) ao 608 10 23 13, de 10 a 22 horas.
Correo electrónico: centroxove@yahoo.es

O Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción "ALECRÍN" é un centro de atención específico á mocidade que ten como finalidade atender as necesidades e demandas en relación coa saúde afectiva e sexual.

Está na rúa Lugo, 2, 1º (esquina Dr. Cadoval). 36201-VIGO. Teléfono 986 44 32 43

O Colectivo Gai de Compostela está na rúa Entremuros, 16, baixo. Santiago de Compostela. Teléfono 660 94 34 47. Correo electrónico: gaicompos@hotmail.com

O BO.GA. Colectivo de Lesbianas de Galicia encontraralo no apartado de correos 2169. Teléfono 666 68 11 12 e correo electrónico: lesbicompos@hotmail.com

  • Algunhas páxinas web de interese para ampliar información

www.querote.org: Páxina web da Xunta de Galicia que informa sobre a saúde sexual, impulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carácter informativo relativos a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais.
www.centrojoven.org: Web do Centro Joven de Anticoncepción y Sexualidad de Madrid. Federación de Planificación Familiar de España. Inclúe: novas, estatísticas, anticoncepción, SIDA e ETS, preguntas frecuentes, bibliografía e posibilidade de consultar on line a través do correo electrónico.
www.yopongocondon.com: páxina da campaña de prevención de embarazos non desexados (Ministerio de Sanidade e Consumo).
www.fpfe.org: Páxina da Federación de Planificación Familiar de España. Información sobre a Federación e as súas actividades, de carácter técnico. Inclúe documentos e a Guía Sex Joven, con información sobre recursos en sexualidade e anticoncepción para mozos de toda España.
www.tampax.com: Páxina da coñecida marca que inclúe información básica sobre sexualidade.
www.sexoafectivo.com: Información e consultas sobre sexualidade de mans da clínica de sexoloxía e psicoloxía Pérez-Vieco.
www.abcsexologia.com: Información sobre sexualidade e reproducción.
www.informateya.com: Páxina específica sobre anticoncepción postcoital.
www.sec.es: Páxina da Sociedad Española de Contracepción.

GAIS-LESBIANAS
www.lgbtcompostela.tk: Colectivo Gai Compostela.
www.aldarte.org: Páxina de ALDARTE, centro de atención a gais, lesbianas e transexuais.
www.felgt.org: Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais.

SIDA
ww.msc.es: Páxina sobre SIDA do Ministerio de Sanidade, con información diversa e ligazóns de interese.
www.gesida.org: Páxina de GESIDA, grupo de traballo integrado por profesionais sanitarios, co obxectivo de promover, fomentar e difundir o estudo e investigación da infección pola VIH e as súas complicacións.
www.unaids.org: Páxina de ONUSIDA.
www.stopsida.org: Páxina sobre esta enfermidade da Coordinadora Gai-Lesbianas.
www.sidasaberayuda.html: Páxina sobre SIDA da Fundación "La Caixa".

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar