programa de vivenda en aluguer

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Programa de vivenda en aluguer

Poden beneficiarse desta liña de axudas todas as persoas sen límite de idade cuxos ingresos ponderados non superen os 15.000 euros anuais. O obxectivo é que ningún inquilino destine máis do 30% dos seus ingresos a pagar o aluguer, o resto é subvencionado pola administración cunha axuda que pode chegar ata o 80% do custeo total do aluguer. O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.

Inquilinos que desexen acceder a esta liña de axudas e os propietarios que opten por alugar a vivenda a través deste programa deben dirixirse ás oficinas da Consellería de Vivenda e Solo nas sete grandes cidades, nos seguintes enderezos:

  • A Coruña: Rúa Rianxo, 23 baixo
  • Ferrol: Rúa Magdalena, 48, baixo
  • Lugo: Praza da Universidade, 8 baixo
  • Ourense: Rúa Valente do Casar, 2, baixo
  • Pontevedra: Rúa Alcalde Hevia, 7, baixo
  • Vigo: Rúa Gran Vía, 160, baixo
  • Santiago de Compostela: Área Central s/n primeiro piso, local 32 A
 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar