plan estatal de vivenda

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Axuda ás inquilinas ou inquilinos

Requirimentos:

  • Inquilinas/os preferentemente que non sexan maiores de 35 anos.
  • Que os ingresos familiares anuais non sobrepasen de 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples. (Estes ingresos refírense aos de todos os ocupantes da vivenda, exista ou non, relación de parentesco entre eles).
  • Renda do 9% do prezo máximo para as vivendas protexidas para arrendamento de renda básica.
  • Superficie máxima computable para a vivenda: 90 m2 útiles.
  • Presentación do contrato de arrendamento para o seu visado.

 

Tipo de axuda e características:

Subvención estatal para facilitar o pago da renta de aluguer ás inquilinas e inquilinos:

  • Contía máxima anual: 40% da renda anual, que non sobrepase de 2.880 euros
  •  Duración máxima: 24 meses, se persisten as circunstancias que deron lugar ao recoñecemento inicial do dereito á axuda.
  • Non se pode obter novamente esta axuda ata pasados 5 anos.

 

Axudas para a adquisición de vivendas protexida de nova construción

Axudas para a adquisición de vivendas xa existentes

Axudas para a rehabilitación da vivenda

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar